Arquivado en: ACTIVIDADES CURSO 2007/2008
MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) quere facer coñecedora á sociedade galega da mensaxe que percorre todo o mundo neste día, a iniciativa do IBBY (International Board on Books for Young People), organización internacional na que están integrados 58 países, quen anualmente encarga a un escritor e a un ilustrador a redacción e confección dunha mensaxe e un cartel que van dirixidos a todos os nenos e nenas do mundo. Nesta edición de 2004 é a sección grega do IBBY a encargada da realización do cartel e da mensaxe, que corresponden a Nicholas Andrikopoulos e Angeliki Varella, respectivamente.
Aquí vos van unha serie de ligazóns
para saberdes algo máis sobre esta
festividade:
http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_do_Libro
http://picasaweb.google.com/osegreldopenedo/ExposiciNLibrosAntigosDADoLibro1999?authkey=rFZmLJZtb9g (exposición de libros antigos na biblioteca do IES de Fene co gallo da celebración do día do libro no ano 1999).
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=4393
Arquivado en: ACTIVIDADES CURSO 2007/2008
O 21 deste mes foi o día mundial da poesía.
Que é poesía para vós?
Deixade os vosos comentarios.
Aquí vos vai un poema que escribín hai uns anos. Agardo que preste:
Arquivado en: ACTIVIDADES CURSO 2007/2008
Mañá, xoves 27 de marzo de 2008, entregaránse na Coruña (Teatro Rosalía, ás 20:30 horas) os premios María Casares, que pretenden recoñecer as mellores producións dramáticas do último ano.
Será unha noite na que se homenaxeará a todos aqueles que fan posible que haxa teatro, electricistas, vendedores de billetes, porteiros…
Tedes unha interesante reportaxe na seguinte ligazón:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=11808